Tratamentos de fisioterapia en Cambados

En Xacobe Abal Fisioterapia contamos cunha clínica totalmente equipada en Cambados onde aplicamos tratamentos de:

Pilates terapéutico

Masoterapia:

É a aplicación de distintas modalidades de masaxe como:

  • Masaxe terapéutica
  • Drenaxe linfática manual terapéutica
  • Masaxe transversa profunda (Cyriax)
  • Crio-masaxe
  • Masaxe deportiva
  • Técnicas manuais neuromusculares
  • Masaxe do tecido conxuntivo

Cinesiterapia:

Terapia polo movemento (fisioterapia manual articular), activa, pasiva, activo-asistida, resistida, instrumental...

Fisioterapia deportiva:

  • Tratamento de tendinite
  • Roturas fibrilares
  • Sobrecargas musculares
  • Escordaduras
  • Distensións
  • Fracturas
  • Luxacións
  • Vendaxes funcionais

Fisioterapia traumatolóxica e ortopédica:

  • Tratamento da columna vertebral: escordadura cervical, dorsalxias, lumbalxias, ciatalxias, desviacións da columna, hernia discal...
  • Tratamentos músculo tendinosos: contracturas, esgazaduras musculares, tendinite...
  • Tratamentos articulares: artrose, artrite, reuma...
  • Tratamentos postoperatorios: recuperación funcional, adaptación á prótese, cicatrices...

Vendaxe neuromuscular (Kinesiotaping):

As vendas elásticas que se utilizan nesta técnica teñen unha elasticidade lonxitudinal do 140%, igualando desta forma a da nosa pel e permitindo ao fisioterapeuta realizar vendaxes coas que o músculo non se sobreestire ou se encolla demasiado, dependendo do fin que busquemos con esta vendaxe e por suposto da técnica utilizada.

Fisioterapia respiratoria e cardíaca:

Para tratar patoloxías como: EPOC, bronquite, bronquiectasias, fibrose quística, lobectomía, asma, enfisema, reeducación ao esforzo.

Fisioterapia neurolóxica:

Para tratar problemas como: hemiplexía, tetraplexía, parálise nerviosa, Párkinson, esclerose múltiple, hernia discal, radiculopatía, ciática....

Fisioterapia xeriátrica:

Perda de mobilidade, perda de forza, osteoporose...

Drenaxe linfática manual:

É unha forma de masaxe que favorece o funcionamento do sistema linfático, crucial para unha marcha eficaz do sistema inmunitario.

Contacta con Xacobe Abal Fisioterapia

Ponte en contacto connosco e facilitarémosche unha cita para acudir ao noso centro de fisioterapia en Cambados. Podes pedir a túa cita por teléfono ou WhatsApp.