Xacabe Abal Fisioterápia

Fisioterapia traumatolóxica e ortopédica en Cambados

Tratamentos de fisioterapia en Cambados

En Xacobe Abal Fisioterapia contamos cunha clínica totalmente equipada en Cambados onde aplicamos diversos tratamentos de:

Pilates terapéutico

Pilates terapéutico

Masoterapia

É a aplicación de distintas modalidades de masaxe como: masaxe terapéutica, drenaxe linfática manual terapéutica, masaxe transversa profunda (Cyriax), crio-masaxe, masaxe deportiva, técnicas manuais neuromusculares, masaxe do tecido conxuntivo.

Presoterapia

A presoterapia é un tratamento para pernas cansadas e drenaxe. Pregúntanos para obter máis información sobre este servizo da nosa clínica en Cambados.

Cinesiteraia

Terapia polo movemento (fisoterapia manual articular), activa, pasiva, activo-asistida, resistida, instrumental...

Fisioterapia deportiva

Tratamento de tendinite, roturas fibrilares, sobrecargas musculares, escordaduras, distensións, fracturas, luxacións, vendaxes funcionais...

Fisioterapia traumatolóxica e ortopédica

Tratamento da columna vertebral (escordadura cervical, dorsalxias, lumbalxias, ciatalxias, desviacións da columna, hernia discal...), tratamentos músculos tendinosos (contractuas, esgazaduras musculares, tendinite...), tratamentos articulares (artrose, artrite, reuma...), tratamentos postoperatorios (recuperación funcional, adaptación á prótese, cicatrices...)

Vendaxe neuromuscular (kinesiotaping)

As vendas elásticas que se utilizan nesta técnica teñen unha elasticidade lonxitudinal do 140%, igualando desta forma a da nosa pel e permitindo ao fisioterapeuta realizar vendaxes coas que o músculo non se sobreestire ou se encolla demasiado, dependendo do fin que busquemos con esta vendaxe e por suposto da técnica utilizada.

Fisioterapia deportiva
Fisioterapia respiratoria e cardíaca

Fisioterapia respiratoria e cardíaca

Para tratar patoloxías como: EPOC, bronquite, bronquiectasias, fibrose quística, lobectomía, asma, enfisema, reeducación ao esforzo.

Fisioterapia neurolóxica

Para tratar problemas como: hemiplexía, tetraplexía, parálise nerviosa, Párkinson, esclerose múltiple, hernia discal, radiculopatía, ciática....

Fisioterapia xeriátrica

Perda de mobilidade, perda de forza, osteoporose...

Drenaxe linfática manual

É unha forma de masaxe que favorece o funcionamento do sistema linfático, crucial para unha marcha eficaz do sistema inmunitario.

Contacta con Xacobe Abal Fisioterapia

Ponte en contacto connosco e facilitarémosche unha cita para acudir ao noso centro de fisioterapia en Cambados. Podes pedir a túa cita por teléfono ou ben por whatsapp.