Pilates terapéutico, fisioterapia traumatolóxica e ortopédica...

Xacobe Abal, membro do ilustre Colexio de Fisioterapeutas de Galicia con número de colexiado 2597 e diplomado pola Universidade de León en Fisioterapia, abre a súa clínica de fisioterapia en Cambados no 2013.

Os tratamentos levados a cabo no centro Xacobe Abal Fisioterapia están orientados fundamentalmente á terapia manual, utilizando medios técnicos como complemento e prestando unha atención individualizada e independente a cada usuario.

Con esta forma de traballo pretendemos conseguir pacientes satisfeitos co tratamento recibido e ofrecer a mellor calidade nos nosos servizos para obter os resultados desexados.

Algúns dos tratamentos que ofrecemos en Xacobe Abal Fisioterapia:

  • Pilates terapéutico
  • Masoterapia
  • Cinesiterapia
  • Fisioterapia deportiva
  • Fisioterapia traumatolóxica e ortopédica
  • Vendaxe neuromuscular (kinesiotaping)
  • Fisioterapia respiratoria e cardíaca
  • Fisioterapia neurolóxica
  • Fisioterapia xeriátrica
  • Drenaxe linfática manual
  • Podes solicitarnos cita por WhatsApp
  • Pilates terapéutico
Servicio 1

Instalacións

Dispoñemos dunhas modernas instalacións para que o paciente se sinta cómodo.

Servicio 2

Tratamentos

Os nosos tratamentos están orientados fundamentalmente á terapia manual.

Servicio 3

Cita previa

Chámanos para solicitar unha cita e unha valoración na nosa clínica de Cambados.

Contacta con Xacobe Abal Fisioterapia

Ponte en contacto connosco e facilitarémosche unha cita para acudir ao noso centro de fisioterapia en Cambados. Podes pedir a túa cita por teléfono ou WhatsApp.

Xacobe Abal Fisioterapia